mércores, 24 de febreiro de 2021

A parte mala da reciclaxe.

 Benvidos ao club do cambio climático.

Reciclar, é en principio moi bo, pero non debemos facelo en exceso, xa que cando nos tiramos algo a un contedor de reciclaxe, non é xa está e todos contentos, se non que uns camións veñen recoller o que tiramos nos contedores. Pero, que pasa logo?

Estes camións levan o contido dos contedores ás plantas de reciclaxe. Alí, a partir deses obxectos que nós tiramos nos contedores créanse novos obxectos, pero ao facer ese proceso, estamos contaminando moito, porque as plantas de reciclaxe precisan de varias máquinas, e estes utilizan como combustible, o dióxido de carbono, un gas tóxico que contamina moito a atmosfera da Terra. Así que se podedes, procurade tamén reutilizar obxectos cando sexa posible.

ATA A PRÓXIMA!!

xoves, 18 de febreiro de 2021

Club do cambio climático. VÍDEO

 Hoxe vos traemos un vídeo con exemplos de cousas que contribúen a que o planeta non sufra o cambio climático, e as que sí. Esperamos que coa axuda de todos, os exemplos de cambio climático que figuran neste vídeo, non se volvan ver no planeta.


domingo, 7 de febreiro de 2021

Os ´´Animaris´´, unha forma de vida ecolóxica

 Benvidos ao Club do cambio climático, onde hoxe vos falaremos dunha forma de vida realmente IMPRESIONANTE.

OS ANIMARIS

Antes de chegar ata o punto onde todo isto relaciónase co cambio climático, temos que falarvos de Theo Jansen.

Theo é un home holandés que creou unha nova forma de vida.

unha das creacións de Theo Jansen

Dende o seu  laboratorio, en Ypenburg, Theo Jansen estuda a historia da evolución biolóxica para crear súas criaturas. Ten plantexado que algún día, as súas invencións, os ANIMARIS, aprendan a evolucionar sen axuda dos humanos, sendo así, unhas especies de animais coma calquera outra. Estes ``animais´´ habitan en praias, e non é porque escolleran un lugar ao chou, é porque a area é ideal para a mobilidade dos animaris. E tras ver a imaxe anterior, vos decataríades de que semellan uns robots enormes, mais estes, non emiten gases contaminantes ao desplazarse. Tampouco pola luz solar, senón que polo vento. Aquí é onde vemos que estes ``animais´´ son ecóloxicos, xa que non gastan combustibles contaminantes. E imaxinade a gran cantidade de gases contaminantes que producirían, xa que moitos deles son de gran tamano, como o da imaxe, e precisarían dunha gran cantidade de combustible. 




Volta do Club Contra o Cambio Climático

Hoxe, tras estar parados durante meses, voltamos cunha edicción actualizada do noso libro de publicacións:    CONTOS UN MUNDO MELLOR UN AGAS...