Benvidos ao Club do cambio climático, onde hoxe vos falaremos dunha forma de vida realmente IMPRESIONANTE.
OS ANIMARIS
Antes de chegar ata o punto onde todo isto relaciónase co cambio climático, temos que falarvos de Theo Jansen.
Theo é un home holandés que creou unha nova forma de vida.
unha das creacións de Theo Jansen |
Dende o seu laboratorio, en Ypenburg, Theo Jansen estuda a historia da evolución biolóxica para crear súas criaturas. Ten plantexado que algún día, as súas invencións, os ANIMARIS, aprendan a evolucionar sen axuda dos humanos, sendo así, unhas especies de animais coma calquera outra. Estes ``animais´´ habitan en praias, e non é porque escolleran un lugar ao chou, é porque a area é ideal para a mobilidade dos animaris. E tras ver a imaxe anterior, vos decataríades de que semellan uns robots enormes, mais estes, non emiten gases contaminantes ao desplazarse. Tampouco pola luz solar, senón que polo vento. Aquí é onde vemos que estes ``animais´´ son ecóloxicos, xa que non gastan combustibles contaminantes. E imaxinade a gran cantidade de gases contaminantes que producirían, xa que moitos deles son de gran tamano, como o da imaxe, e precisarían dunha gran cantidade de combustible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario