mércores, 24 de febreiro de 2021

A parte mala da reciclaxe.

 Benvidos ao club do cambio climático.

Reciclar, é en principio moi bo, pero non debemos facelo en exceso, xa que cando nos tiramos algo a un contedor de reciclaxe, non é xa está e todos contentos, se non que uns camións veñen recoller o que tiramos nos contedores. Pero, que pasa logo?

Estes camións levan o contido dos contedores ás plantas de reciclaxe. Alí, a partir deses obxectos que nós tiramos nos contedores créanse novos obxectos, pero ao facer ese proceso, estamos contaminando moito, porque as plantas de reciclaxe precisan de varias máquinas, e estes utilizan como combustible, o dióxido de carbono, un gas tóxico que contamina moito a atmosfera da Terra. Así que se podedes, procurade tamén reutilizar obxectos cando sexa posible.

ATA A PRÓXIMA!!

xoves, 18 de febreiro de 2021

Club do cambio climático. VÍDEO

 Hoxe vos traemos un vídeo con exemplos de cousas que contribúen a que o planeta non sufra o cambio climático, e as que sí. Esperamos que coa axuda de todos, os exemplos de cambio climático que figuran neste vídeo, non se volvan ver no planeta.


domingo, 7 de febreiro de 2021

Os ´´Animaris´´, unha forma de vida ecolóxica

 Benvidos ao Club do cambio climático, onde hoxe vos falaremos dunha forma de vida realmente IMPRESIONANTE.

OS ANIMARIS

Antes de chegar ata o punto onde todo isto relaciónase co cambio climático, temos que falarvos de Theo Jansen.

Theo é un home holandés que creou unha nova forma de vida.

unha das creacións de Theo Jansen

Dende o seu  laboratorio, en Ypenburg, Theo Jansen estuda a historia da evolución biolóxica para crear súas criaturas. Ten plantexado que algún día, as súas invencións, os ANIMARIS, aprendan a evolucionar sen axuda dos humanos, sendo así, unhas especies de animais coma calquera outra. Estes ``animais´´ habitan en praias, e non é porque escolleran un lugar ao chou, é porque a area é ideal para a mobilidade dos animaris. E tras ver a imaxe anterior, vos decataríades de que semellan uns robots enormes, mais estes, non emiten gases contaminantes ao desplazarse. Tampouco pola luz solar, senón que polo vento. Aquí é onde vemos que estes ``animais´´ son ecóloxicos, xa que non gastan combustibles contaminantes. E imaxinade a gran cantidade de gases contaminantes que producirían, xa que moitos deles son de gran tamano, como o da imaxe, e precisarían dunha gran cantidade de combustible. 




luns, 14 de decembro de 2020

CLUB DO CAMBIO CLIMÁTICO. NADAL.🎄



 ACHÉGANSE AS DATAS DO NADAL, E EN MOITAS CASAS FAISE A TÍPICA TRADICIÓN DE POÑER A ÁRBORE DE NADAL. NORMALMENTE, ESTAS ÁRBORES SON DE PLÁSTICO, PERO ANTIGAMAENTE A XENTE ÍA AO MONTE A TALAR ÁRBORES DE VERDADE PARA AS SÚAS CASAS. ISTO SUPUSO TAMÉN UN PROBLEMA PARA A VEXETACIÓN DO PLANETA. VOS DEIXAMOS A CONTINUACIÓN UN VÍDEO DE DEBUXOS ANIMADOS FEITO POR NÓS SOBRE A TALA DAS ÁRBORES NO NADAL.

 

xoves, 3 de decembro de 2020

Poema de Gloria Fuertes.📙"HUMO Y RUIDO"

 HUMO Y RUIDO. gloria fuertes

Pasa una moto.

¡Qué humo!

Pasa un autobús.

¡Más humo!

(Me consumo.)

Pasa una moto.

¡Qué ruido!

Pasa un camión.

¡Más ruido!

(Pobre oído.)

No hay pulmones

 ni tímpanos

 que lo aguanten.

(La ciudad no es

como antes.)

¡Vámonos al campo!

En el campo hubo silencio.

Hoy, fábricas de cemento

 y humo en el firmamento;

el río contaminado

 y los árboles pelados.

Por eso,

hay que cuidar el progreso.

¡Qué no sea retroceso!



martes, 24 de novembro de 2020

xoves, 24 de setembro de 2020

CLUB DO CAMBIO CLIMÁTICO🌎🌳 Dia pola acción climática

 BO día, benvidOs ao CLUB DO CAMBIO CLIMÁTICO. Hoxe, é o Día mundial pola acción climática. Vos deixamos esta ligazón por se queredes saber máis. 

Dia pola acción climática🌎🌳

CADA VEZ AS COUSAS VAN A PEOR, MOITA CONTAMINACIÓN, MOITA DESERTIFICACIÓN... ESTAMOS REMATANDO CO PLANETA. POR ISO ESTE DÍA, O Día mundial pola acción climática.






martes, 22 de setembro de 2020

CLUB DO CAMBIO CLIMÁTICO🌎🌳: vídeos educativos🎥

BO DÍA, BENVIDOS AO CLUB DO CAMBIO CLIMÁTICO, HOXE VOS TRAEMOS VARIOS VÍDEOS EDUCATIVOS QUE FALAN DO TEMA NO QUE SE CENTRA ESTE CLUB, O TEMIDO CAMBIO CLIMÁTICO.




Volta do Club Contra o Cambio Climático

Hoxe, tras estar parados durante meses, voltamos cunha edicción actualizada do noso libro de publicacións:    CONTOS UN MUNDO MELLOR UN AGAS...